Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2019

Últimos días

Ola de novo, disculpade por non ter noticias nosas estes últimos días, pero estivemos a tope coas nosas últimas horas navegando, facendo veladas, dinámicas e xogos mil!!! E coma non coa festa do último día na que os monis preparaon unha discoteca espectacular. A continuación deixámosvos un link co vídeo da montaxe final do campa. Simplemente espectacular!!! ¡¡¡GRAZAS A TODOS POR ESTA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!!! #siempresinas PD: en breve subiremos un link onde poderedes descargar máis fotos e vídeos. Link do vídeo: https://www.dropbox.com/s/izwepx64vgjkqqi/Siempre%20Sinas%20%2719.mp4?dl=0

Día 7

Imagen
DÍA 7: Hoxe tivemos un tempo incrible!! Sol e aínda que pouco vento, valeunos para seguir navegando e desfrutando da Ría de Arousa. Cada vez hai máis cartas no noso buzón do amor e seguen aparecendo novas parellas no campa; tamén o buzón dos retos segue a funcionar e todos nos retamos entre todos a probas moi divertidas; o porcómetro anímanos a ter as nosas camaretas limpas e recollidas... Temos mil e unha dináicas que fan que non paremos en todo o día!!! E pola noite hoxe tocou una batalla de orquestras, non paraamos de bailar e cantar!!

Día 6

Imagen
Día 6 de campa e xa somos todos uns expertos navegando!! O tempo acompaña e cada vez disfrutamos máis das actividades náuticas. A verdade é que As Sinas é un auténtico paraíso!!! Pola noite os monitores convertíronse nos piratas máis temidos da ría e tivemos que loitar contra eles para conseguir o famoso tesouro das Sinas!!!

DIA 5º

Imagen
Hoxe pola mañá tampouco puidemos saír a navegar por mor dos fortes refachos do vento, polo que buscamos outra alternativa: ¡¡¡¡Fomos ao pobo de excursión!!!!! E ali fixemos un flash mob cunha das nosas cancións favoritas, o pica pica !!!! Despois da camiñata da mañá volvemos ao campamento para seguir coas actividades náuticas. Xa levamos a metade do campa e cada vez somos mellores mariñeiros e mariñeiras nestas augas da ría de Arousa!!! E pola noite, a nosa famosa velada do terror, na que nenos e nenas levaron os sustos das súas vidas!!!

DIA 4

Imagen
4º día de campamento no que por motivos climatolóxicos tivemos que recoller e volver a terra a media tarde xa que había moito vento e non podiamos navegar. Aínda así os monis preparáronnos actividades super divertidas coma un taller de primeiros auxilios, unha sesión de just dance, un taller de acrosport e unha clase de body combact!!! Isto é un non parar!!! Pola noite o campa converteuse nunha lonxa, na que tivemos que pescar dende polbos, ata cabaliños de mar, percebes, sereas ou buzos...