DÍA 1:

Xa estamos nas Sinas!!! Hoxe foi o primeiro día de campa e a verdade é que pinta moi ben!!!
Os monis teñen moita marcha!! Xa dende a nosa chegada fixemos bailes e cancións, temén tivemos tempo para as primeiras charlas e as nosas primeiras "pachangas" nas pistas deportivas.

Despois o director explicounos as normas do campamento e fomos a xantar. Pola tarde tivemos a proba de natación, xogos de presentación e fixemos un simulacro de evacuación por se temos unha emerxencia no campamento.

E á noite a nosa primeira velada, na que fixemos xogos moi divertidos para coñecernos entre todos.

Mañá máis e mellor!!!!






Comentarios

Entradas populares de este blog

Día 6

DIA 5º

Día 7